miércoles, 16 de diciembre de 2009

Barrio da Ponte

Vista do barrio da Ponte da parroquia de Faramontaos visto dende o camiño da Fonte Pía un caluroso día dunha mañá do mes de agosto de 2009.
As árbores do fondo delatan o curso do río ao seu paso ao carón das vivendas.

martes, 8 de diciembre de 2009

Igrexa


Esta é a igrexa da parroquia de San Salvador de Faramontaos.
Ten dúas campás.

viernes, 4 de diciembre de 2009

Cruceiro de Faramontaos

O cruceiro de Faramontaos ten dúas caras, unha co Cristo e outra coa Virxe.
Está situado no medio do pobo, na praza que leva o seu nome ou que é coñecida pola encrucillada de cinco camiños que dan ao lugar ao emprazamento do cruceiro.

A Fonte Pía

Está no monte, alonxada das vivendas, e ata fai pouco tempo aínda tiña auga, da que bebía moita xente da parroquia. Suponse que ésta voltará cando suba o nivel da capa freática, xa que fai un para de anos, ou aínda non os fai, arrincaron uns carballos que había detrás dela porque decían que era por eso que non tiña auga.
Coido que foi peor o remedio que a enfermidade.
Dos carballos arrincados fíxose eco a prensa local e ademais foi denunciado o acto polo BNG.

A Ponte vista dende o Cabreiro

Dende a estrada OU-1107 (antiga estrada OU-08) á altura do Cabreiro, antes de chegar ao alto, pode verse esta imaxe do barrio da Ponte de Faramontaos.

A Caseta do cura

A Ponte Vella









Un dos símbolos de identidade da parroquia, o seu río Faramontaos, e a ponte vella agora restaurada, aínda que a restauración afectou sobre todo á soleira e á calzada.

FARAMONTAOS. A Ponte. Concello de Xinzo de Limia.

Geographical coordinates in decimal degrees (WGS84) Latitude : 42.000 ; Longitude : -7.650

Geographical coordinates in degrees minutes seconds (WGS84) Latitude : 42 00' 00'' ; Longitude : -7 39' 00''